Os equilibrios económicos que fai unha institución como a municipal para resultar sostible e útil á cidadanía, realízanse neste departamento. Nel reside todo o potencial económico do Concello, que utiliza os seus recursos de xeito reponsable, realizando un traballo serio e rigoroso, xestionando e recadando os ingresos municipais, mantendo unha economía saneada e cunha saúde fóra de toda dúbida que contribúe a cubrir as necesidades da cidadanía.
Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 7 de marzo ás 19:00 h.
Intervirán: a autora, Carmen Torreiro; o escritor e editor, Xulio López Valcárcel e a psicóloga, Alma López Sande.
"Aprendendo a vivir na túa ausencia" conmovedor poemario dedicado ao seu fillo Siegfried, finado o un de marzo de 2019.
A autora, a través destes poemas, comparte unha parte íntima da súa vida: o enfrontamento á angustia pola enfermidade mental dun ser querido e ao sufrimento pola súa perda. Recollen un mundo de emocións, de amor e dor, sentimentos universais que todos compartimos. Carmen Torreiro traballou de mestra en Salamanca, Zamora e A Coruña, profesora de Lingua e Cultura Española en Besançon, Lille e París, pintora, gravadora, ceramista, escribe desde sempre. Tamén fai teatro e canto.
Como pintora realizou exposicións individuais e colectivas en Francia e España e ten obra en organismos oficiais dos dous países. Como escritora publicou en revistas e libros colectivos.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
