Novas

Asset Publisher

Back Parabéns pola promoción da lingua á Panificadora Santa Cruz

Desde a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros queremos felicitar á Panificadora Santa Cruz por promover a lingua cada día e mais en concreto no Nadal, coa publicación do díptico "Doce, moi doce, Nadal".

É un pracer para o Servizo de Normalización Lingüística que os propios negocios do noso concello teñan a iniciativa de empregar o noso idioma para facer a publicidade dos seus estabelecementos e das propostas que consideran atractivas para a súa clientela.