Asset Publisher

Back Os Axóuxeres

Oleiros, 26 de outubro de 2012.- O Concello de Oleiros, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza para o vindeiro sábado día 3 de novembro a actividade Os Axóuxeres, unha actividade financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que está a percorrer toda Galicia e que en Oleiros estará na Escola de Danza, ás 18.30 horas. A entrada é gratuíta, mais para acceder ao evento, hai que facer a reserva previamente no número 637 179 304, de luns a venres de 09.00 a 16.00 horas.

Esta actividade é para bebés ata tres anos, onde  a través de cantigas, quere axudarse a que os pais e nais manteñan a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles espazos de lecer para a familia na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego cos fillos e fillas.