Oleiros, 11 de xaneiro de 2012.- O Concello de Oleiros, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, abre o prazo para inscribirse nos cursos de lingua galega que promove a Xunta de Galicia e que, como cada ano, se desenvolven en diferentes concellos da comunidade autónoma. Estes cursos son preparatorios para as probas que terán lugar o 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente.
Os cursos impartiranse no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, desde o 12 de marzo ao 22 de maio, de luns a xoves de 19.30 a 21.30 horas. Aquelas persoas que estivesen interesadas en asistir ao curso poderán presentar a súa inscrición na Casa do Concello ou mediante un correo electrónico a l.filloy@oleiros.org ata o 26 de xaneiro. Así mesmo, poden chamar ao teléfono 981 610 000 para pedir toda a información que precisen.
Descarga a folla de inscrición.