Novas

Asset Publisher

Back O pase do filme «A condesa rebelde: Emilia Pardo Bazán» abre o programa de actos que conmemoran

Oleiros, 6 de marzo de 2013-. Mañá 7 de marzo ás 20:00 horas, dentro do programa de actos que o Concello de Oleiros organiza para conmemorar o Día Internacional da Muller, emitirase na Fábrica a película A condesa rebelde: Emilia Pardo Bazán. A película será presentada pola produtora e directora, Zaza Ceballos, quen antes da proxección fará unha intervención sobre a vida de Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, á vez que explicará os motivos destas producións. O filme, que está previsto que comece ás 20.30 horas, trata a vida da intelectual galega e indaga nos seus escándalos vitais e na súa faceta como catedrática, xornalista e ideóloga do feminismo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.