Novas

Asset Publisher

Back O III Premio Literario Descubrindo Oleiros volve un ano máis para promover a lingua e dar a coñ

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o III Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio.
 Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.
Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega e terán que presentarse do 1 ao 18 de novembro de 2016. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios que se concederán serán produtos electrónicos que fomenten a creatividade.

As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases a través do seguinte enlace ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros, Tel.: 981 610 000, l.filloy@oleiros.org).
Bases do III Premio Literario Descubrindo Oleiros