Novas

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros apoia os actos que conmemoran o Día de Rosalía

Oleiros, 21 de febreiro de 2013.- A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística apoia este domingo, 24 de febreiro, Día de Rosalía, o acto que terá lugar no parque municipal das Torres de Santa Cruz, ás 12.00 horas. Onde a banda de gaitas da Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz, dará unha alborada de honra á poeta padronesa, diante da biblioteca que leva o seu nome no Concello.

Este acto organizado por Santaia, faise a través do chamamento da Asociación de Gaiteiros Galegos, da Fundación Rosalía, da Real Academia Galega e da Universidade de Vigo, con motivo de celebrarse o domingo día 24 de febreiro, o Día de Rosalía, 176 aniversario do seu nacemento, coincidindo así mesmo este ano co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Nel anímase a todos os grupos de música tradicional e gaiteiros/as que o desexen a saír ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para dar unha alborada de gloria na honra de Rosalía de Castro.