Novas

Asset Publisher

Back Mamá Cabra actuará na Fábrica o 29 de decembro

Oleiros, 21 de decembro de 2012.- O Concello de Oleiros, a través da súa Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, organizou dentro da programación de Nadal un concerto de Mamá Cabra para o 29 de decembro. O concerto será na Fábrica ás 18.30 horas e terá unha duración dunha hora.  A entrada será gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Este grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico, presentará Xa me tardan estes Magos.  Un espectáculo que xorde coa intención de renovar as panxoliñas. Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.