Novas

Asset Publisher

Back Máis de 700 alumnos e alumnas asisten aos concertos de Paco Nogueiras

Oleiros, 12 de decembro de 2015-. Máis de 300 nenos e nenas asistiron esta mañá a un concerto de Paco Nogueiras organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros. Mañá outros 400 alumnos e alumnas dos centros de ensino público do municipio pasarán polo Auditorio Gabriel García Márquez para ver este espectáculo.

Paco Nogueiras é un artista multidisciplinar que interpreta música infantil. A natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín conforman algúns dos temas das súas pezas.