Novas

Asset Publisher

Back Máis de 1000 alumnos e alumnas cantan e bailan con Pakolas

 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza para esta semana cinco concertos para o alumnado máis novo dos centros de ensino do Concello. O alumnado poderá ver o novo espectáculo de Pakolas, Cores, contos e Rock´n´Roll coa Ramona pequena.

Hoxe participou o alumnado  de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria do CEIP Valle Inclán. Mañá haberá dúas sesións, unha para o CEIP A Rabadeira e outra para O CEIP Parga Pondal. o venres pasará polo auditorio o CEIP Juana de Vega e o CEIP Luis Seoane.