Novas

Asset Publisher

Back As actividades complementarias de dinamización lingüística achegan o galego a todas as idades

Oleiros, 29 de novembro de 2011-. O Concello de Oleiros comeza a súa programación de dinamización lingüística con representacións, charlas e obradoiros nos centros de ensino públicos de Oleiros. As actividades que se van levar a cabo pretenden levar á reflexión do alumnado á vez que van descubrindo a situación lingüística de Galicia.

A programación desenvolverase ao longo do curso escolar e pretende chegar a todo o alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Con estas actividades, á parte de ser unha axuda para os centros para tratar festividades como o Día das Letras Galegas, quérese achegar aos nenos e nenas actividades en galego á vez que se tratan outros temas transversais.
A primeira actividade comeza xa no mes de decembro, é o deseño das cartas aos Reis Magos, onde cada curso de 6º de infantil e 1º de primaria dos centros que queiran participar, deseñará unha carta aos Reis Magos en galego, a carta gañadora imprimirase e repartirase para todo o alumnado.

Tamén no mes de decembro, o día 23, haberá un concerto de Pablo Díaz na Fábrica, a actuación será ás 18.30 horas. Este concerto do disco Tic Tac pretende levar ao auditorio a todos os nenos e as nenas do Concello, para que toda a familia pase unha xornada divertida en galego no Nadal.

Podes consultar as actividades de dinamización lingüística para o ano 2012 a través dos seguintes enlaces:

Programación de dinamización lingüística para os CEIP

Programación de dinamización lingüística para os IES