Desde mañá 30 de xaneiro podes inscribirte nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As persoas que desexen participar nos cursos tanto en liña, como presenciais poden tramitar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta ou cubrindo o formulario e presentándoo por rexistro.
Consulta a convocatoria a través do seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200129/AnuncioG0535-170120-0001_gl.pdf