O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros comeza o ano cos obradoiros A nosa vantaxe no IES María Casares, unha actividade na que a través de diferentes materiais, o alumnado vai comprendendo as vantaxes que temos ao falar galego.
Os obradoiros desenvolveranse os días 10 e 11 de xaneiro de 12.30 a 14.10 h e o día 13 de 10.30 a 12.10 h no IES María Casares para os cursos de 4º da ESO. Cada actividade ten unha duración de 100 minutos, nos que o alumnado escoitará falar en portugués á monitora, para lograr o obxectivo, mostrar que co galego podemos comunicarnos con xente de moitos países onde teñen o portugués como lingua oficial.