Corrección
Para conseguir a normalización dunha lingua é preciso conseguir a súa normativización, é dicir, fixar unhas normas e uns criterios para establecer o modelo estándar da lingua. As administracións teñen que mostrar certa corrección idiomática e empregar a linguaxe estándar, pois son un reflexo para a sociedade. Por este motivo, a corrección é unha das principais funcións do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.
As actuais Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego foron aprobadas o 12 de xullo de 2003 pola Real Academia Galega. Podes consultalas aquí.
Para facilitar a corrección dos textos hai varias ferramentas que nos poden axudar. Aínda que teñen certas limitacións son moi útiles á hora de resolver dúbidas ortográficas.
- Golfiño: corrector para OpenOffice.org
- 2mil3: corrector para Office 2000, XP e 2003
- Corrector para OpenOffice
- Ortogal: corrector en liña da Universidade de Vigo