Guía de lectura

Asset Publisher

Back Guía de lectura "Palabras para encher ilusións". Nadal 2010

Presentamos a guía de lectura do Nadal 2010 (PDF - 1,420.0 KB)  titulada  "Palabras para encher ilusións".

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.

Desde as Bibliotecas municipais ofrecemos esta guía de lectura (PDF - 1,420.0 KB) cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo.