Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 3 de xuño

radioleirosTítulos recomendados o venres 3 de xuño:

  • - Infantil (nenos/as de 6 a 8 anos):

    Ver La verdad del elefante na Rede de Bibliotecas de Galicia"La verdad del elefante" texto de Martin Baltscheit e ilustracións de Christoph Mett. En Lóguez.

    Cinco científicos cegos investigan sobre a verdade sen atopala porque non son capaces de ver o conxunto. Unha historia filosófica sobre a verdade e a imaxinación.

  • - Mozos/as e adultos/as:

    Ver Á marxe VII na Rede de Bibliotecas de Galicia

    "Á marxe, 1998. Obra xornalística VII" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.

    Unha das múltiples facetas de Carlos Casares (1941-2002) foi a de redactar pequenos artigos de prensa. Neste ano 1998 vemos pasar ao gato Samuel, escritores amigos como Torrente e Bryce Echenique, estadías en Israel e nos Estados Unidos, un feixe de cafés con puro e congresos literarios en España e Portugal, todo sen perder o humor e a retranca.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13.00, 15.00 e 17.00 horas.