Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 25 de setembro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=78149- Infantil (maiores de 8 anos):
 
 
Cando a porta do armario se abre e por ela sae un pequeno dinosauro, Olga non dá creto, e máis aínda cando este  pide que lle indique cal é a porta de entrada para o seu universo. Olga só coñece dos dinosauros, que desapareceron hai millóns de anos e non sabe como pode axudarlle a atopar o camiño para voltar ao seu mundo. Un documental sobre o Camiño de Santiago será a solución.

- Mozas/os e adultas/os:

Los hermanos Burgess, de Elizabeth Strout
El Aleph

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=117321Describe a vida adulta de tres irmáns, Jim e Bob Burgess que viven e exercen de avogados en Nova Iorque e Susan, xemelga de Bob que quedou a vivir na cidade que os viu nacer. A aparente tranquilidade que reina entre os irmáns rómpese por un desagradable incidente provocado por Zach, o fillo adolescente de Susan, contra a comunidade somalí asentada na cidade. 

A novela reflicte aspectos psicolóxicos e sociolóxicos da sociedade americana, a loita polos dereitos civís, o rexeitamento dos americanos aos musulmáns, a idea dos Estados Unidos como terra de acollida e a esperanza dun entendemento entre diferentes comunidades raciais.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.