Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 25 de febreiro

Títulos recomendados o venres 25 de febreiro:

 

 

  • Infantil:

    "Bailar nas nubes" , de Vanina Starkoff Editado por Kalandraka

    Unha nena fala dos seus veciños e da convivencia con eles. Libro fundamentalmente de ilustracións que fomenta a interrelación persoal.

     

     

  • Mozos-as e adultos-as:

    "La mujer que buceó dentro del corazón del mundo" , de Sabina Berman Editado por Destino

    Escrito por unha mexicana amante do mar, narra a historia de Karen Nieto, auténtico xenio nuns campos intelectuais e con problemas noutros, disposta a preservar a vida nos océanos desde o seu traballo nunha empresa de peixe.

    Según Ana María Matute é "un relato inesquecíbel sobre a liberdade e a diferenza".

 

 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13.00, 15.00 e 17.00 horas.