Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 24 de outubro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111149- Infantil (maiores de 4 anos):
"Quen lle ten medo a Carapuchiña Vermella?" de Sara Sahinkanat, Ayse Inan Alican en Linteo.
Mellor libro ilustrado no ano 2009. É un simpático álbum que se adentra no clásico conto da Carapuchiña pero cunha nova visión dos perigos. Porque os lobos están fartos de ser sempre os malos dos contos e o protagonista desta historia é un lobiño moi enxeñoso.
 
- Mozos-as e adultos:
"El poder de las caricias" de Adolfo Gómez Papí, editado por Espasa.
O autor, médico pediatra e membro da Asociación Española de Pediatría e do Grupo de Formación da Iniciativa ao Nacemento e á Lactancia, plasma toda a súa experiencia e formación neste libro. No que avoga pola enorme importancia que teñen os vínculos afectivos entre pais e fillos, os contactos pel con pel son momentos imprescindibles para un mellorhttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=poder+de+las+caricias&idx=ti desenvolvemento emocional e social dos nosos fillos e fillas.
Pódese atopar na Sección de Documentación da Muller na Biblioteca de Santa Cruz na exposición que temos relacionada co embarazo, lactancia e primeiros anos dos nenos e nenas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17