Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 21 de novembro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=hondonada&idx=tihttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=recendo+clementinas&idx=ti- Infantil (a partir de 10 anos):
"O recendo das clementinas" de An Alfaya, editado por Tambre.
Abril, é unha nena de dez anos que vive coa súa nai e seu pai nun novo barrio, a onde se trasladaron cando era ela pequena. Curiosamente, desde entón, racharon con todos os seus coñecidos anteriores e tampouco teñen moitos familiares, un feito que sempre desacougou á nena. A todo isto, hai que sumar o silencio dos pais, que provoca nela dúbidas que acabarán por enchela de desconfianza. Esta situación agrávase cando un día atopa unha vella fotografía dela e da súa nai.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"La hondonada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra.
Trata de dous irmáns indios de caracteres opostos, pero sumamente cercanos na súa infancia, aos que a vida e as circunstancias separan. O máis vello emigra a Estados Unidos para doutorarse, mentras que o outro, máis atrevido, é asasinado na India pola súa militancia nun movemento político extremo, nos anos 60. Este feito tráxico devolve ao irmán a casa, onde se sinte desarraigado e faise cargo da viúva de seu irmán.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.