Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 20 de maio

radioleirosTítulos recomendados o venres 20 de maio:

  • - Xuvenil (maiores de 14):

    "Cazaría salvaxe" de Agustín Agra, en XeraisVer Cazaría salvaxe na Rede de Bibliotecas de Galicia

    Wotan tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas, e nas noites de invernía saía de caza coa compaña dos seus cadelos diabólicos. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas.

  • - Mozos/as e adultos/as:

    "As crónicas do Sochantre" de Álvaro Cunqueiro, editado por Galaxia

    Ver As crónicas do Sochantre na Rede de Bibliotecas de GaliciaNos tempos da Revolución Francesa, o Sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado dunha comitiva de mortos contadores de historias. Misterio e crime escrito con gran talento creador. Un clásico na literatura galega desde a súa publicación no ano 1956.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.