Títulos recomendados o venres 13 de maio:
-
- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Coas mans baleiras" de Ana Tortosa e ilustracións de Cecilia Varela, en OQO.
Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está convidada a merendar na súa casa, pero non sabe que regalarlle. A través dun xogo de preguntas e respostas vai propoñendo posíbeis agasallos. Fermosa obra cunhas ilustracións que fan referencia ao mar e a motivos mariñeiros.
-
-Mozos/as e adultos/as:
"Poesía úl
tima de amor e enfermidade:1992-1995" de Lois Pereiro en Edicións Positivas.
Emotiva obra que segundo as propias palabras de Lois Pereiro “nace como unha vontade de desafiar á morte”. Como el nos di, “é produto de case catro anos de vida, pero escrito en menos de seis meses”.... ”O título do libro é un pouco esa busca de contradición, entre as palabras, entre as sensacións, e de que todo forma parte da vida, tanto o amor como o sufrimento, como a morte, como o desexo...”
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR (MP3 - 6.909,1 KB) en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.