Novas

Asset Publisher

Back Ler para Saber: volvemos o 5 de febreiro!!!

28/01/10

A actividade "Ler para Saber" consiste nunha serie de charlas ou obradoiros sobre temas científicos dirixidos a nenos e nenas (a partir de 10 anos de idade) e público en xeral.

Celébranse cada venres no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda de Perillo. As charlas teñen lugar ás 18,30 horas.

Preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar coñecementos sobre temas cientificos de especial relevancia para a vida diaria e fomentar a lectura e consulta de materiais relacionados .

Cartel

Tarxeta

Programación:

  • - 5 febreiro: Obradoiro de Papiroflexia
  • - 26 febreiro: Funcionamento do corazón e prevención de enfermidades (Emiliano Fernández-Obanza Windscheid. Médico)
  • - 5 marzo: A pesca e marisqueo na nosa costa (Fina Mosquera Roel. Profesora do CEIP Valle Inclán)
  • - 12 marzo: Algúns seres microscópicos curiosos (Concepción Herrero López. Doutora en Bioloxía. Vicerreitora de Investigación da UDC)
  • - 9 abril: Qué é a Biodiversidade? (Elvira Sahuquillo Balbuena. Vicedecana da Facultade de Ciencias da UDC)
  • - 16 abril: Curiosidades dos caracois (Mª Mar Domínguez Pacheco. Profesora CEIP A Rabadeira)
  • - 23 abril: Biodiversidade, evolución e ser humano (Francisco Armesto Ramón. Biólogo e Director Técnico de Proxectos dos Museos Científicos Coruñeses)
  • - 30 abril: Dende a natureza á farmacia (Isabel Nieto Prieto. Doutora en Química. Investigadora do Grupo de Produtos Naturais Mariños da UDC)
  • - 7 maio: Qué son os fósiles e qué nos contan? (Roberto Bao Casal. Doutor en Bioloxía. Profesor de Paleontoloxía da UDC)
  • - 14 maio: Ciencia sorprendente (Moisés Canle López. Doutor en Química. Vicedecano da Facultade de Ciencias da UDC)
  • - 21 maio: Estamos rodeados de ácidos e bases (Elena López Prada. Profesora de Física e Química do IES Miraflores)