Novas

Asset Publisher

Back Expo sobre James Joyce na Biblioteca de Lorbé

http://jamesjoyce.ie/

Cúmprense 75 anos da morte de James Joyce, un dos autores máis coñecidos e controvertidos da literatura universal. 
 
Na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé,  rendémoslle unha homenaxe e para elo fixemos unha exposición coas súas obras. 
 
Co obxectivo de difundir as obras de Joyce, coñecer máis sobre este escritor, así como gozar da súa literatura, convidamos aos-ás nosos-as usuarios-as a visitar a biblioteca e levar títulos en préstamo como "Ulises", "Dublineses", "El gato y el diablo", "Retrato do artista cando novo" e "Recuerdos y lecturas de James Joyce" de Gonzalo Torrente Ballester.