Desde o 23 ao 30 de marzo celebrarase na Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé o Día Mundial do Teatro. Farase unha selección de fondos de teatro e sobre o teatro, animarase aos/ás usuarios/as a lelos e levalos a casa. Os venres 23 e 30 de marzo, se hai voluntarios/as, se lerá unha obriña de teatro. Darase especial importancia á obra de Carlos Casares, “As laranxas máis laranxas de todalas laranxas”, no décimo aniversario da súa morte.
¿