Destacados

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 4 xullo 2025

Imagen Recomendacións en Radioleiros: 4 xullo 2025

"La invasión de las noticias falsas" de Elise Gravel e "El fervor" de Alma Katsu

"La invasión de las noticias falsas" de Elise Gravel

Recomendacións en Radioleiros: 4 xullo 2025

- Infantil: 

"La invasión de las noticias falsas" de Elise Gravel. Editado por SM .

Cómic infantil para comprender que é a desinformación, por que se difunde tan rapidamente e como diferenciar as noticias verdadeiras das falsas. Contado con moito sentido do humor... e sen dicir unha soa trola!

- Mocidade e público adulto:

"El fervor" de Alma Katsu. En Nocturna.

Esta novela histórica de terror, fai uso dun contexto histórico real no que introduce o fantástico, neste caso a mitoloxía xaponesa. A trama desta novela trancorre en 1944, durante a Segunda Guerra Mundial. As protagonistas son Meiko Briggs e a súa filla Aiko, que viven recluídas nun campo de prisioneiros para persoas de ascendencia xaponesa. Unha misteriosa enfermidade esténdese polo campo e Meiko axuda a unha xornalista a investigar o que ocorre e pronto lles queda claro que a situación é máis perturbadora do que crían.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.