Destacados

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 13 xuño 2025

Imagen Recomendacións en Radioleiros: 13 xuño 2025

"Atelier of witch hat = El atelier de sombreros de mago" de Kamome Shirahama e "El desierto de los tártaros" de Dino Buzzati

"Atelier of witch hat = El atelier de sombreros de mago" de Kamome Shirahama

- Infantil:

"Atelier of witch hat = El atelier de sombreros de mago" de Kamome Shirahama. Editado por Milky way

Este manga escrito e debuxado pola autora Kamome Shirahama, cóntanos a historia de Coco, unha nena alegre e curiosa que vive nunha pequena aldea e que sempre sentiu unha profunda fascinación pola maxia. Con todo, só pode achegarse á maxia quen naza con ese don; aos demais nin tan sequera lles está permitido ver como lanzan esconxuros.

"El desierto de los tártaros" de Dino Buzzati

- Mocidade e público adulto:

"El desierto de los tártaros" de Dino Buzzati. En Alianza

A novela narra a vida do tenente Giovanni Drogo, un novo oficial recentemente graduado que recibe o seu primeiro destino: a remota Fortaleza Bastiani, situada ao bordo dun territorio árido e case mítico. Drogo chega coa ilusión dunha carreira militar brillante, convencido de que a fortaleza terá un papel decisivo cando apareza a gran ameaza: unha invasión bárbara procedente do deserto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.