Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
Mocidade e persoas adultas.
De outubro 2024 a xuño 2025.
Mensualmente, os luns, de 19:00 a 20:30 h.
Biblioteca Pública Municipal "M. José Trincado". Mera
O prazo de inscrición ábrese o martes 8 de outubro ás 16:15 h.
Inscrición en liña, personalmente na biblioteca ou no teléfono 981 628507.
30 prazas, distribuídas en dous grupos de 15. Terán prioridade as persoas empadronadas no Concello de Oleiros.