Destacados

Asset Publisher

Back Club de lectura e Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Mocidade e persoas adultas.

De outubro 2024 a xuño 2025.

Horario

Quincenalmente, os mércores, de 17:30 a 19:30 h.

Lugar de Celebración

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.

O prazo de inscrición ábrese o venres 4 de outubro ás 08:30 h.

Medios de contacto

Inscrición en liña, personalmente na biblioteca ou no teléfono 981 639511.

38 prazas distribuídas en dous grupos de 19. Terán prioridade as persoas empadronadas no Concello de Oleiros.

Inscripción