Bebé antirracista de Ibram X. Kendi; ilustracións de Ashley Lukashevsky e Mil cosas de Juan Tallón

- Infantil (a partir de 5 anos):
Bebé antirracista de Ibram X. Kendi; ilustracións de Ashley Lukashevsky. Astronave.
Álbum ilustrado para comezar conversacións críticas sobre o racismo coas crianzas.
Mil cosas de Juan Tallón. Anagrama.
Dispoñible en eBiblio
Ao longo dun só día, seguimos a unha parella nova atrapada entre o traballo, a crianza e a urxencia constante de chegar a todo.
Unha novela breve, cun ritmo absorbente, que captura con precisión o pulso do noso tempo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
