- Xuvenil:
"Eu tamén fun peliqueiro de Laza" de Ánxela Gracián. Editado por Everest Galicia.
A participación dun rapaz no entroido de Laza é o arranque desta novela que xunta pezas familiares, sociolóxicas e de intriga nun relato moi ben construido. Unha historia que comeza dun xeito individual e remata nun marco máis amplo.

- Mozas-os e adultas-os:
"Un adúltero americano" de Jed Mercurio. En Anagrama.
Un texto moi orixinal arredor da figura de John Fitzgerald Kennedy, home de familia poderosa, soldado na II Guerra Mundial a pesar da súa deteriorada saúde, senador e posteriormente presidente dos Estados Unidos. Cun estilo áxil, Mercurio paséanos polo día a día de Kennedy nunha mestura de novela e reportaxe, aportando detalles de grande interese histórico e político.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.