Temos unha novidade para as/os amantes da literatura fantástica: na biblioteca Rialeda nace o primeiro club de literatura dedicado a este xénero literario.
Unha vez ao mes gozaremos do pracer de viaxar a outros mundos e outros tempos.
Anímate a participar!
- É unha actividade de balde
- Emprestámosche o libro
Podes inscribirte por teléfono ou persoalmente na propia biblioteca, SÓ HAI 15 PRAZAS!
Se o pensas demasiado, teremos que apuntarte na listaxe de agarda!
