- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"¿Cuando se irán estos?" de Ute Krause, en Juventud.
Os protagonistas son seis irmáns que teñen que afrontar unha situación nova, estraña e confusa: a do divorcio dos pais. Este desconcerto aínda se agrava máis cando un día chegan á casa do seu pai e alí vive máis xente, unha princesa coas súas princesiñas e princesiños. Utilizando todos os trucos posíbeis conseguen botar aos invasores, pero eles non contaban coa tristura do pai…

- Mozos-as e adultos-as:
"A vinganza do defunto" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Nova aventura do detective Nirvardo Castro e o xornalista Carlos Conde que demostra que non se xubilaron e gozan de boa saúde. Ambientada entre 1938 e 1945 ten como fío condutor as investigacións para aclarar a morte de Eliseo Sandamil Bentraces, empresario galego, quen tras citalo na súa casa de Puerta de Hierro (Madrid) lle pide a Nivardo Castro que «investigue a súa morte cando se produza, non importa cando sexa nin en que condicións chegue. En calquera caso, vostede deberá indagala como se sospeitase que se trata dun asasinato». O comercio de volframio, a espionaxe de británicos e alemáns, a fuxida de xudeus cara a América polo porto de Vigo enchen a trama detectivesca.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.