Oleiros, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará tres proxectos de ONGD galegas en Mozambique, El Salvador e Cuba. As propostas presentadas por Ecos do Sur, Agareso e Asemblea de Cooperación pola Paz teñen por obxectivo desenvolver áreas como a educación ou a prevención de riscos en países empobrecidos. Deste xeito, destínanse 18.000 euros ao proxecto de Ecos do Sur en Mozambique para mellorar os servizos educativos e sanitarios nunha escola de Maputo, a través de diversas accións orientadas á mellora do sistema de auga e saneamento do centro.
O proxecto presentado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) coa ONGD salvadoreña Cordes subvenciónase conta con 29.345 euros destinados a reducir a vulnerabilidade perante o risco de inundacións. Actuarase na mitigación, sensibilización e educación ambiental, amplificando os resultados da formación e a capacidade de reacción nas emerxencias a través da radio comunitaria.
Pola súa banda, a Asemblea de Cooperación pola Paz, recibe 29.465 euros para fomentar as capacidades de prevención fronte aos desastres na Habana Vieja e contribuír á recuperación dun Ben de Interese Cultural mediante a creación dun centro de interpretación meteorolóxico.