Competicións

Competiciones

Back Torneo de fútbol Concello de Oleiros 2026

O Torneo de Fútbol Concello de Oleiros celebrará unha nova edición coa participación de cinco equipos na categoría feminina e nove na masculina. A fase de grupos comezará o 12 de agosto e as finais disputaranse o sábado 29 de agosto no campo de fútbol Nano García de Iñás. Nesta edición, a organización corre a cargo do Atlético San Pedro.

Na categoría feminina participarán o Unión Campestre, Santa Cruz C.F., Atlético San Pedro, Obrero de Oleiros e Marino de Mera. Na masculina competirán o Mercurio de Iñás, Atlético Perillo, Unión Campestre, AD Cristo Rey, Santa Cruz C.F., Marino de Mera, Atlético San Pedro, Obrero de Oleiros e Hércules S.D.

Con máis de cincuenta edicións na categoría masculina e coa competición feminina xa consolidada, o Torneo Concello de Oleiros constitúe unha das competicións deportivas con maior tradición no municipio e un referente do fútbol local, favorecendo a participación dos clubs e o inicio da preparación da nova tempada.

Na edición de 2025, o Marino de Mera proclamouse campión da categoría masculina, mentres que o Atlético San Pedro acadou o título na categoría feminina.

Na última ligazón, podedes consultar o calendario e resultados actualizados da competición.