Actividades Xuventude

Back Ruta dos Murais de Ordes e Muíños do Batán

Xornada para descubrir e gozar da arte urbana percorrendo as rúas de Ordes e a sú contorna. 


No mes adicado á arte urbana, dende as Casas da Mocidade organízase unha xornada para descubrir e gozar dos murais que percorren Ordes e a súa contorna dunha maneira lúdica. Á volta faremos tamén unha pequena parada no fermoso enclave da ruta dos Muíños do Batán

Cando: sábado 20 de xuño de 11:00 a 20:00 horas.

Actividade  de balde destinada a mozas e mozos de 12 a 30 anos.

Haberá buses dende as Casas da Mocidade.

Inscricióne e máis información na páxina web das Casas da Mocidade: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/ , nas redes sociais ou directamente nas Casas da Mocidade.