Actividades Xuventude

Back Programación agosto Casas da Mocidade

As Casas da Mocidade do Concello de Oleiros ofrecen durante o mes de agosto un amplo abano de alternativas de ocio saudable e gratuíto dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. A programación inclúe propostas deportivas, creativas, de lecer e convivencia que se desenvolverán nas instalacións das Casas da Mocidade e noutros espazos do municipio.