Actividades infantís

Back Lingoreteira, de Xarope Tulú

En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra. 

Esa é unha lingoreteira- dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que vos imos contar chegaron ata hoxe. Esta sesión de contos é unha homenaxe á lingoreteira que hai en nós, a esa parte nosa que permite que a palabra e a oralidade non morran de todo. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque.

Duración: 45 minutos

 

Familias con crianzas maiores de 3 anos

4 de outubro de 2026

Horario

12.00 horas

Lugar de Celebración

Auditorio da Fábrica

A patir das 10.00 horas do 28 de setembro de 2026

Terán preferencia as familias de Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.

Formulario de inscrición