É un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.
Duración: 40 minutos
Familias con nenas e nenos maiores de 3 anos.
8 de novembro de 2025
18.00 h
A Fábrica
Desde o luns 3 de novembro ás 10.00 h
Terán preferencia as familias inscritas no Apego de Oleiros os dous primeiros día de inscrición.