Dona Pepiña é unha tartaruga moi especial… e tamén moi vella. Ten moitos anos e garda dentro dela unha gran sabedoría. Neste obradoiro coñeceremos a Pepiña e todas as súas marabillosas características. A máis especial de todas é que o seu caparazón ten un poder máxico: cando se colocan lapis sobre el, adquiren poderes especiais. Transfiren a quen os empregan sabedoría, paciencia e moita creatividade.
Cada participante creará a súa propia tartaruga, dándolle forma coas mans e decorándoa con moita imaxinación. A través deste proceso, aprenderemos os valores que representa Dona Pepiña: creatividade, paciencia, sabedoría e resiliencia, os mesmos que atopamos na olería.
O obradoiro realizarase en tres sesións, unha sesión por día, os días 19 e 26 de setembro e 3 de outubro. É imprescindible acudir as tres sesións para poder participar no obradoiro.
Familias con nenos e nenas de 1 a 3 anos (17.00 h) e de 4 a 6 anos (18.30 h).
Os días 19 e 26 de setembro e 3 de outubro.
17.00 horas (familias con nenas e nenos de 1 a 3 anos) e 18.30 horas (familias con nenos e nenas de 2 a 4 anos)
Escola Municipal de Olería, As Torres
Desde o 15 de setembro a partir das 10.00 horas. Terán preferencia as familias inscritas en Apego os dous primeiros días de inscrición.