Actividades infantís

Back Actividades de verán 2024

O programa de actividades de verán abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Deportes, Educación e Xuventude para o tempo de lecer.

Listados definitivos Veran 2024 e provisionais de Danza e Teatro.

Listados definitivos de admitidos verán 2024: preme aqui.

Listados provisionais de Danza e Teatro: preme aqui.

    Para adxudicar a praza será necesario realizar o pagamento da actividade na sede electrónica a través da ligazón que se faciliten ás persoas admitidas mediante correo electrónico (O Concello enviará un correo electrónico indicando o estado de adxudicación de prazas), adxuntando o formulario de inscrición na actividae. En caso de non presentar a documentación requerida en prazo, considerarase desistida da súa solicitude.

   Quen pretenda acollerse a algunha bonificación (Servizos Sociais, familia numerosa....) deberá acreditar o seu dereito mediante a aportación dos documentos pertinentes no intre de efectuar o pagamento.

IMPORTANTE

Anúlanse por falta de participantes as seguinte actividades.

CULTURA

  • Obradoiro de Gravado Xuvenil (1-14 Agosto) 12:00-13:30 H

ENSINO

  • Danza Clasica Iniciación 2ª Quenda (8-12 Xullo)
  • Danzas Urbanas Iniciación 1ª Quenda (1-5 Xullo)
  • Teatro Iniciación 2ª quenda (8-12 Xullo)

DEPORTES

  • Parkour 1º Q (24-28 Xuño)
  • Parkour 2ª Q (1-5 xullo)

 

Actualización 06 de maio do 2024. Listados preinscritos

Relación de preinscicións verán 2024: Preme aquí.

 

 

 

Rapaces e rapazas nados entre os anos 2006-2021. En cada actividade definiranse os rangos de idade que abrangue, e so poderá admitirse quen estea dentro de dito rango.

Xullo e Agosto do 2024

Horario

Varios horarios, dependendo da actividade. Consultar Folleto Actividades de Verán 2024.

Lugar de Celebración

Varias sedes, dependendo da actividade. Consultar Folleto Actividades de Verán 2024.

  • Do 23 desde as 10:00 horas ao 30 de abril. Preinscrición telemática na sede electrónica, só para persoas empadroadas e un máximo de 3 actividades.
  • Do 6 ao 8 de maio: publicación de listas de preinscrición e achega de reclamacións.
  • 15 de maio. Sorteo público ás 12.00 horas no CC A Fábrica.
  • 20 de maio: Publicación de listas definitivas na web municipal.
  • Do 27 ao 31 de maio: Pagamento e entrega de documentación.
  • Do 5 ao 10 de Xuño: Xestión de listas de agarda, pagamento e entrega de documentación.
  • A partir do 13 de xuño: Publicación de vacantes e inscrición libre para persoas empadroadas e non empadroadas.


 

Medios de contacto
  • A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, no catálogo de tramites da sede electrónica.
  • Admitirase unha única solictude por participante (a nome e cos datos do neno ou nena interesado/a) e nela poderán marcarse un máximo de 3 actividades.
  • Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como valida a última presentada.
Preinscrición