Actividades culturais

Back X FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS: Rúa Ext-cénica

Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa con espectáculos para público familiar e adulto, e entrada de balde.

O festival pretende que as propostas programadas saian ao encontro co público, en espazos non convencionais. A rúa, entendida como un espazo aberto onde a cidadanía constrúe a súa vida cotiá, é cultura e a cultura, está na rúa.

Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música, circo, teatro de rúa… que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.

PROGRAMA RÚA EXT-CÉNICA 2026

X FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚA

Venres

17 xullo

20.00 h

La Finestra Nou Circ

“Pilots”

(clown, malabares, acrobacia, monociclo) 45´

Parque do Emigrante (Sta. Cruz)

21.00 h

Cia. Orain-Bi

"Mute”

(circo) 45´

Praza Esther Pita (Sta. Cruz)

Sábado

18 xullo

20.00 h

Teatro Ghazafelhos

“Sherezade,Aladino e os tres beduínos”

(teatro de rúa) 50´

Parque José Martí (Sta. Cristina)

21.15 h

Vangoura

(concerto)

Praza afundida (Sta. Cristina)

Domingo

19 xullo

12.30 h

Lembra Xabarín

“Concerto tributo Lembra Xabarín”

(música infantil)

Parque das Torres (Santa Cruz)

20.00 h

Darío Bardam “ Phantom”

Residencia Paraíso

(danza contemporanea

Parque Luis Seoane (Santa Cruz)

Espectáculos para público familiar e para público adulto.

Do 17 ao 19 de xullo