Actividades culturais

Back ANDARES POR GALICIA - RUTA POLO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

O vindeiro sábado 23 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 11 de maio ás 10.00 horas

  •  No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o luns 11 ás 10.00 horas e o martes 12 ás 14.00 horas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

RUTA POLO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA:

DESCUBRINDO UNHA PAISAXE ÚNICA EN GALICIA

Punto inicio: Biobra (Rubiá)

Punto final: Pardollán (Rubiá)

Lonxitude: 12,4 km

Dificultade: media

A mellor ruta para coñecer este parque natural tan singular na xeografía de Galicia. Un percorrido de 12,5 km entre Biobra e Vilardesilva pasando por Covas aproveitando os sendeiros sinalizados do Parque Natural.

A ruta comeza en Biobra e tras pasar pola zona do Tanque descendemos ata Covas, a carón da súa aciñeira senlleira e un antigo forno de cal para seguir camiñando en paralelo á vía do tren e ao encoro de Penarrubia para ascender ata o fermosos núcleo rural de Vilardesilva, con fermosas vistas sobre a contorna. Desde aquí, ascendemos ao alto do Carballín na ruta da ermida de Santo Estevo para, tras pasar as antigas minas de pintura de Pardollán, chegar á afastada e hoxe en día abandonada, ermida de Santo Estevo e desde aí, continuando polo camiño do cura, rematar na área de descanso de Pardollán.

PUNTOS DE INTERESE

  • Parque natural Serra da Enciña da Lastra
  • Biodiversidade de orquídeas na Lastra
  • Aciñeira senlleira de Covas
  • Arquitectura popular de Vilardesilva
  • Ermida de santo Estevo de Pardollán
  • Encoro de Penarrubia
  • Estreito do Sil
  • Covas: paisaxe calcaria
  • Minas de pintura de Pardollán
  • Forno de cal
  • Vexetación mediterránea e aves rapaces nidificantes

VISITA CULTURAL:

Centro de visitantes do parque natural (Biobra)

Persoas maiores de idade.

Sábado, 23 de maio de 2026

Horario

Todo o día

As preinscricións realizaranse preferentemente a través da web municipal a partir do luns 11 de maio ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros

23 euros

INSCRICIÓN