25.º Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.
- Autoría: Carme Varela.
- Dirección: Quico Cadaval
- Elenco artístico: Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira
- Duración: 85 min
- Clasificación: Drama
- Público: Adultos. Maiores de 14
- Prezo: 6,00 €
Entradas á venda con antelación a través de https://www.giglon.com/todos?idEvent=produccions-teatrais-excentricas-as-desterradas-oleiros e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala.
Sábado 7 de marzo
20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
6,00 euros