Back LA HABITACIÓN ROJA

LA HABITACIÓN ROJA formouse en L’Eliana alá polo ano 1995, hai xa 30 anos e hoxe presentan en Oleiros en formato acústico "Crear", o seu décimo cuarto disco de estudio.

"Crear" é un disco no que resoa todo o imaxinario que a banda foi tecendo ao longo do tempo con forza: ese romanticismo idealista, ese aire melancólico cheo de melodías memorables e letras que chegan, combinación marca da casa que o grupo foi capaz de destilar nas súas tres décadas de existencia. Son esas cancións que alguén definiu no seu día como “tristes pero que che poñen contento”, que che liberan, que son desafogo e consolo.

Cunha portada icónica que homenaxea ás nais dos catro compoñentes do grupo que pousan coma se fosen eles, “CREAR” reivindica a experiencia, a madurez, a traxectoria, a determinación por sacar adiante os teus proxectos e aos teus.

"Crear sempre é mellor que destruír" é o focus track deste traballo. O tema xorde dunha profunda reflexión sobre a impotencia que sentimos ao ver a un ser querido sucumbir ante a depresión. Esta canción é un canto de esperanza e de apoio, que transmite a idea de que, a través da creación, podemos enfrontar as sombras. Coa súa mensaxe de fe e confianza, convida a que a luz e a creatividade prevalezan nos momentos máis difíciles.

Sábado 7 de febreiro

Horario

20:30 horas

A venda de entradas para os espectáculos realizarase con antelación a través de www.giglon.com, e no despacho de billetes dos auditorios municipais desde unha hora antes do comezo do espectáculo, ata completar a capacidade da sala.

6,00 euros

ENTRADAS