Dirección e dramaturxia: Miguel Canalejo
Intérpretes: Alba Bermúdez, Miguel Canalejo, Cris Iglesias, Nacho Martín, Tone Martínez
Xénero: comedia
Duración: 60 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Sinopse: Existiu o teatro medieval en galego? Arte sen guión responde a pregunta desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época.
Arte sen guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.
Entradas á venda con antelación a través de https://www.giglon.com/ e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala.
Prezo: 4,00 €
Sábado 1 de novembro
20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)