Actividades culturais

Back RUTA POLA COSTA DO VICEDO NA MARIÑA LUCENSE

O vindeiro sábado 25 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 13 de outubro ás 10.00 horas.

No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 13 de outubro ás 10.00 horas e o martes 14 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. INSCRICIÓN

  • No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Punto inicio: Praia de Area Grande - San Román do Val (O Vicedo)

Punto final: Porto do Vicedo (O Vicedo)

Distancia da ruta: 12 km

Dificultade: baixa

PUNTOS DE INTERESE

    • ZEPA Costa da Mariña Occidental
    • Ría do Barqueiro e Ría de Viveiro
    • Praias de Vidreiro, Area Grande e Xilloi
    • Praia de Caolín e Fábrica de Salga
    • Vistas sobre a Illa Coelleira
    • Igrexa de Santo Estevo do Vicedo
    • Portos do Vicedo e San Cibrao e vila de Viveiro

VISITA CULTURAL:

Museo provincial do Mar (San Cibrao - Cervo)

Sábado, 25 de outubro de 2025

A partir do luns 13 de outubro ás 10.00 horas ata o martes 14 ás 14.00 horas,

INSCRICIÓN