O vindeiro sábado 31 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 19 de maio ás 10.00 horas.
- No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 19 de maio ás 10.00 horas e o martes 20 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Sábado, 31 de maio de 2025 RUTA POLO COUREL: DA DEVESA DA ROGUEIRA Á SEARA E FERVENZA DE VIEIROS |
Punto inicio: Alto do Couto (Folgoso do Courel) Punto final: Vieiros- A Seara (Quiroga) Distancia da ruta: 12 km Dificultade: media-alta
|
PUNTOS DE INTERESE
VISITA CULTURAL: Colección de Instrumentos de Música de Raíz da Fundación Legar na Seara |
Sábado, 31 de maio de 2025