Actividades culturais

Back RUTA POLOS ANCARES: QUINTÁ - RÍO DONSAL.

O vindeiro sábado 28 de setembro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída do 28 de setembro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

RUTA POLOS ANCARES: QUINTÁ - RÍO DONSAL

28 de setembro

Distancia da ruta

15,0 km

Dificultade

Media

Puntos de interese

  • Lugar do Couso
  • Quintá
  • Fonte dos Corzos
  • Sevane
  • Fervenza de Sevane
  • Lugar de Buisán
  • Lugar da Arroxiña
  • Ponte sobre o río Navia
  • ZEC Ancares - Courel
  • Reserva da Biosfera Ancares Lucenses

Visita cultural:  Castro de Santa María, San Román de Cervantes

Persoas maiores de idade con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

28 de setembro

A partir do martes 17 de setembro ás 10.00 horas.

23 euros