Actividades "A porta violeta"

Back Volve Móvete+ e amplía a súa programación

O Concello de Oleiros pon en marcha unha nova edición de Móvete+, un programa de actividade física adaptada dirixido a mulleres empadroadas no municipio que atravesaran ou estean a atravesar un proceso oncolóxico.

Con este programa búscase contribuír á mellora da calidade de vida das participantes mediante a práctica de actividade física adaptada ás súas necesidades, pois o exercicio pode contribuír a reducir ou paliar determinados efectos asociados aos procesos e tratamentos oncolóxicos, como a fatiga, os trastornos do sono ou as dificultades de concentración e memoria. Ademais, o programa busca favorecer o benestar emocional, a autoestima e as relacións sociais, así como crear un espazo de encontro e unha rede de apoio e coidados entre as participantes.

Ademais, nesta edición, amplíase a frecuencia da actividade: Móvete+ pasa de desenvolverse 2 días á semana.

Todos os martes e venres, agás festivos, do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2026, ambos inclusive

Poderán participar, mulleres empadroadas no Concello de Oleiros que estean atravesando actualmente un proceso oncolóxico ou teñan pasado previamente por un proceso oncolóxico.

Ao incorporarse á actividade solicitarase un informe médico, que deberá entregarse á profesional dinamizadora para unha adaptación óptima das actividades á realidade de cada participante.

Esta actividade realizarase na Casa da República e na Pista de Meixonfrío, en horario de 11:00H a 12:30H

O período de inscrición está a berto todo o ano, 

Para inscribirse, deslíce ata o final da páxina, e prema no Formulario de inscrición.

Para mais información, pode chamar ao teléfono de atención veciñal, 981 00 00 00, ou no correo eléctrónico, igualdade@oleiros.org